Blusens abrazará a alta definición co seu centro multimedia G.70
luns, 15 de outubro do 2007
Distintos
blogs están a destacar esta semana que o novo catálogo de Blusens, aparte
de achegarnos imaxes do que serán os seus reprodutores multimedia con navegador
GPS con imaxes reais, tamén non permite botarlle un ollo ó que será a aposta da
compañÃa por dominar o salón dos nosos domicilios cos seus centros de lecer
Blusens G.70, G.71 e G.72.
O Blusens
G.70 é un dispositivo moi completo que combina un disco duro extraÃble,
dobre sintonizador de TDT, sintonizador e reprodutor de IPTV e tamén é
compatible cos formatos MPEG4, H.264, VC-1, MPEG-2 e DivX HD, polo que pode ser
un complemento ideal para os televisores do salón con soporte de alta definición
(pois conta con saÃda HDMI). Tamén inclúe conectividade Ethernet e Wi-Fi.
O novo dispositivo poderá gravar tanto no disco duro interno coma noutro que se
conecte externamente a través dun porto USB, e tamén se comercializará con DVD
integrado (G.71) ou Blu-ray (G.72).