BreoGaming recibe o novo Guilty Gear cunha CyberMalleira

mércores, 9 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Un par de meses de retraso, o vindeiro venres sairá á venda o xogo de loita Guilty Gear -Strive- en versións para PlayStation 4 (actualizable de balde a PS5) e para PC, que para os xogadores que adquirisen as súas versións Deluxe ou Ultimate está xa dispoñible en acceso anticipado (o que permite usar con 13 dos 15 personaxes, estando restrinxidos o modo historia máis aló do prólogo e os modos de xogo en liña). Este lanzamento presenta un frenético título con gráficos 3D que simulan o debuxado a man para dar a impresión que estamos ante unha serie de animación xaponesa, contando tamén cunha banda sonora con rotundos temas de rock, mantendo o ton propio desta popular franquía.
Para recibir como é debido a este xogo dende BreoGaming organizan a CyberMalleira IX, un torneo en liña para a versión de PlayStation 4 deste xogo que terá lugar o 20 de xuño, pechándose a inscrición ese mesmo día ás 14:00 horas.

Tráiler de lanzamento de Guilty Gear -Strive-

PUBLICIDADE