Capcom abre a súa tenda en liña en Europa para recibir a Resident Evil 6
luns, 10 de setembro do 2012
Os incondicionais de Capcom tiñan un serio atranco á hora de
adquirir certo material exclusivo dos seus videoxogos, por ter que percorrer ao
mercado gris para facelo, xa que se
vendÃa en exclusiva a través da tenda oficial da compañÃa no Xapón, pero para
atender á demanda de tal mercadotecnia veñen de estrear en Europa a Capcom E Store, de xeito que
a partir do 2 de outubro poderán despacharse no Vello Continente 3 edicións
limitadas do xogo Resident Evil 6 que
van dende 4 versións do xogo cunhas fundas inspiradas en cada un dos protagonistas
do mesmo (á venda por 69,99 euros), a mesma edición incluÃndo unha camiseta
(por 89,99 euros) e incluso unha exclusiva edición cunha chaqueta de coiro (réplica
da que leva Leon S. Kennedy) que ten o prohibitivo prezo de 999 euros (e da que
só estarán dispoñibles 10 unidades para toda Europa). Estas edicións especiais
de Resident Evil 6 inclúen tamén os 3
mapas descargables para o modo de xogo de Mercenarios
e uns adhesivos.
O xogo Resident Evil 6 tamén estrou
trailer nas últimas horas:
Completa a campaña de lanzamento do xogo un vÃdeo de imaxe real: