China elimina as limitacións á venda de consolas de videoxogos
luns, 27 de xullo do 2015
Durante
quince anos o Goberno chinés impuxo limitacións á fabricación e comercialización
de consolas de videoxogos no seu territorio, por considerar que tiñan efectos
perniciosos para o desenvolvemento dos cativos, e agora o
ministro de Cultura do paÃs asiático asegura que eliminan as limitacións
impostas, de xeito que Sony, Nintendo e Microsoft poderán fabricar e vender
a súas videoconsolas en toda China.
Esta medida espérase que sexa unha boa nova para os fabricantes, que terán asÃ
unha importante oportunidade de crecemento, aÃnda que terán que esforzarse para
mudar os hábitos de xogo dos chineses, afeitos a xogar no ordenador e en
dispositivos móbiles, en vez de diante do televisor (aÃnda que o mercado negro
de consolas de videoxogos tamén tivo a súa importancia nos últimos anos).