Climántica publica na web vÃdeos coma soporte formativo para a educación ambiental
martes, 13 de xaneiro do 2009
- Emilio Pedrinaci impartindo un dos seus seminarios
A Dirección Xeral
de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e
Innovación Educativa levan dende setembro de 2006 promovendo o proxecto de
educación ambiental na rede Climántica,
que nos últimos dÃas está
a completar a súa oferta audiovisual con vÃdeos nos que se recollen sesións
formativas sobre educación ambiental a cargo de expertos na materia, ademais de
documentais, recollidos nun apartado chamado Climántica
TV.
As últimas incorporacións corresponden a 3 partes do seminario Compromisos para a sostibilidade derivados
dos riscos naturais e da sobreexplotación dos recursos, impartido polo
doutor en xeoloxÃa Emilio Pedrinaci dentro do curso de Climántica na materia de
Ciencias para o Mundo Contemporáneo desde a sostibilidade e as TIC.