Cloudflare padece unha breve incidencia esta mañá
venres, 5 de decembro do 2025
Esta mañá algúns usuarios de LinkedIn, Claude, Zoom, Fortnite e outros servizos en liña atoparon problemas de conectividade que, unha vez máis, parecÃan ser obxecto dun fallo a nivel global de Cloudflare, aÃnda que nesta ocasión a situación estaba moito máis controlada e o incidente tivo unha duración moi limitada.
Dende Cloudflare detallaron que fixeron un cambio no firewall de aplicacións web, o que levou a que dende varios minutos a súa rede non estivese dispoñible. O fallo corrixiuse en pouco máis dun cuarto de hora, aÃnda que dende Cloudflare continuaron monitorizando o problema que se considerou resolto completamente en menos de media hora, polo que, aÃnda que sexa unha segunda caÃda de Cloudflare en pouco tempo, nesta ocasión o impacto da incidencia foi moi inferior.
