Commodore volve en forma de smartphone
mércores, 15 de xullo do 2015
Nos anos 80 o Commodore 64 converteuse en toda unha icona da
informática persoal, especialmente nos EE.UU., chegando a converterse no
ordenador máis vendido do mundo (con 17 millóns de unidades) e asentando unha
marca que conseguiu sobrevivir con grande dignidade durante anos grazas a
ordenadores como o Commodore Amiga, pero que non foi quen de adaptarse á
revolución dos ordenadores PC compatibles, de xeito que en 1994 a compañÃa foi
á creba.
Durante anos houbo bastantes cambios relativos á súa marca, e agora parece ter
ido a parar a unha compañÃa italiana, que está a preparar un novo Commodore PET, que en vez de ser
un ordenador persoal, serÃa un smartpohne 4G, cun procesador Mediatek de 64
bits e oito núcleos a 1,7 GHz, 3 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSD de até 64 GB), pantalla IPS Full HD de 5,5
polgadas, cámaras de 13 e 8 MpÃxeles, dobre SIM, baterÃa extraÃble de 3.000 mAh
e sistema operativo Android 5.0, que incluirÃa preinstalados un par de emuladores,
de xeito que permitirÃa recrear no móbil o software dos antes mencionados
Commodore 64 e Commodore Amiga, que poderÃan correr algúns dos xogos da época,
o que seguro que agradecerán os máis nostálxicos. Está
previsto que que saia á venda en cor branca, negra e beixe-biscoito (a cor
clásica dos equipos Commodore) esta mesma semana a un prezo de 275 euros
para o modelo de 16 GB e 330 euros para o modelo de 32 GB.
- O novo Commodore PET serÃa un smartphone cunha pantalla de 5,5 polgadas