Denuncian que Comcast bloquea o uso de BitTorrent na súa rede

luns, 22 de outubro do 2007

A provedora de servizos de Internet nos EE.UU., Comcast, está a ser denunciada dende distintas webs de bloquear o uso de sistemas de intercambios de arquivos coma BitTorrent, e mesmo The Associated Press decidiu investigar o asunto e se atopou cómo compartir unha copia da Biblia (documento libre de dereitos de autor) entre dous equipos (un en Philadelphie a o outro en San Francisco) conectados á Rede con Comcast resultaba problemático, fallando en 2 de 3 ocasión.
Segundo parece, Comcast está a utilizar tecnoloxía de Sandvine para bloquear as redes P2P, e dende a operadora se defenden dicindo que ó o 0,01% dos usuarios padecen tales problemas (o que non parece axustarse á realidade).

PUBLICIDADE