Deputación e Telefónica impulsan en Digital Tourist 2026 un modelo de turismo intelixente para Ourense
venres, 8 de maio do 2026
A Deputación de Ourense e Telefónica avanzan no desenvolvemento de Ourense Cerca DeTi, un proxecto co que a provincia busca consolidarse como un destino turÃstico intelixente de referencia mediante o uso de tecnoloxÃas avanzadas, servizos personalizados e ferramentas de análise de datos orientadas á mellora da experiencia dos visitantes.
Os avances da iniciativa déronse a coñecer no congreso Digital Tourist 2026, celebrado en Benidorm baixo a organización de AMETIC, durante un workshop protagonizado por Frederic Vieuxmaire, responsable de Smart City e Turismo de Telefónica España, e Marcos Valiño, director de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense.
O proxecto intégrase coa Plataforma Intelixente de Destinos (PIDI) impulsada por Segittur e incorpora tecnoloxÃas como Internet das Cousas (IoT), realidade aumentada, realidade virtual, big data e machine learning para ofrecer información en tempo real sobre fluxos turÃsticos, ocupación, estacionalidade ou hábitos de consumo. O obxectivo é facilitar a toma de decisións e adaptar a planificación turÃstica ás necesidades de cada momento.

- Marcos Valiño, director de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, e Frederic Vieuxmaire, responsable de Smart City e Turismo de Telefónica España
Frederic Vieuxmaire destacou que a iniciativa reforza a aposta de Telefónica pola transformación dixital do sector turÃstico e polo desenvolvemento de territorios máis intelixentes e sustentables. Segundo explicou, a combinación de tecnoloxÃa, interoperabilidade e análise de datos permitirá que destinos como Ourense poidan anticiparse á demanda e ofrecer experiencias máis personalizadas e inmersivas aos visitantes.
Marcos Valiño incidiu na intención da Deputación de converter Ourense nun destino turÃstico intelixente apoiándose nas últimas tecnoloxÃas e en plena sintonÃa coa estratexia estatal desenvolvida por Segittur. Durante a súa intervención puxo como exemplos os casos de uso vinculados ao turismo termal, o enoturismo, as visitas autónomas a museos e a análise da rendibilidade do Camiño de Santiago.
A estratexia contempla tamén o despregamento de sistemas intelixentes de acceso, control de aforo e trazabilidade, planificación avanzada de rutas e mecanismos de alerta temperá capaces de detectar situacións de saturación ou incidencias en tempo real. A monitorización da actividade en recintos feirais formará parte igualmente desta infraestrutura tecnolóxica.
O proxecto prevé empregar realidade aumentada e realidade virtual para crear experiencias inmersivas en enclaves naturais e patrimoniais da provincia mediante contidos interactivos e vÃdeos 360 graos orientados á promoción turÃstica.
Marcos Valiño participou ademais nunha mesa redonda centrada na intelixencia aplicada á mobilidade e ao comportamento dos visitantes, onde abordou cuestións relacionadas coa análise de fluxos turÃsticos, a distribución territorial da demanda, a capacidade de carga dos destinos e a protección de datos.
A Deputación considera que Ourense Cerca DeTi permitirá avanzar cara a un modelo turÃstico plenamente dixitalizado, con capacidade para desestacionalizar a demanda, optimizar recursos públicos e favorecer a xeración de impacto económico e investimento na provincia.
