Deteñen a unha lucense por vender roupa falsificada pola Rede
luns, 13 de agosto do 2007
A PolicÃa Nacional detivo en Lugo a unha muller de 32
anos identificada polas iniciais M.R.S.N. como presunta
autora dun delito contra a propiedade industrial. A luguesa vendÃa a través dunha web de poxas pola Internet produtos de marroquinerÃa, prêt-à -porter e complementos de moda de coñecidas
marcas falsificadas co que acadaba beneficios de ata un 300%.
Os axentes policiais detectaron a venda de 31 produtos falsificados procedentes de China ante a denuncia dunha prestixiosa empresa internacional, e actuaron tras determinar que a venda era unha actividade ilÃcita continuada.