Digochiño estrea páxina web

venres, 10 de marzo do 2023 Marcus Fernández

A mascota do #DígochoEu, Digochiño, estrea espazo web de seu baixo o nome de dominio digochiño.gal, onde se recollen os episodios televisivos deste personaxe que cada sábado na G2 fomenta o uso do galego entre os máis pequenos da casa acompañado pola xornalista Esther Estévez.
Nas diferentes entregas de Digochiño podemos ver conversas entre Esther Estévez e o raposo azul e branco sobre temas como a ecoloxía, o feminismo, as expresións tipicamente galegas ou cuestións cotiás, que non só poden verse a través da televisión, senón que tamén están dispoñibles a través das canles dixitais do #DígochoEu, chegando a superar os 2 millóns de reproducións en TikTok e acumulando centos de milleiros de reproducións en Instagram.

PUBLICIDADE