Dos Espacios reforza en FITUR o seu papel referencial en turismo intelixente

mércores, 21 de xaneiro do 2026 S. P.

A firma arousá Dos Espacios, consultora especializada en turismo intelixente, reafirma no salón FITUR, a feira turística máis relevante do ámbito estatal e unha das máis importantes a nivel mundial, a súa proxección como consultora especializada en turismo intelixente e provedora de innovación tecnolóxica, para empresas do sector e administracións, nas áreas de xestión, planificación e dixitalización.
Coa experiencia de 20 anos de traballo para organismos nacionais, rexionais e locais, así como establecementos turísticos, nesta edición de FITUR, presenta as solucións desenvolvidas pola súa spin-off, Beditas: Beditas Hospitality e Beditas Display.
Dos Espacios presentará este xoves 22 de xaneiro ás 11.00 horas, na súa propia caseta (12B28), as solucións dixitais de Beditas, orientadas a mellorar a eficiencia operativa e a experiencia de usuario no ámbito turístico.
O venres 23, ás 11:30h, o director executivo (CEO) de Beditas, Álex Paz Brianes, será un dos relatores convidados na presentación de socios de Yacan, na súa caseta (12E12), colaboradora tecnolóxica da empresa, e líder especialista en fechaduras intelixentes para establecementos hoteleiros.
Beditas Hospitality é unha solución 360º para hoteis e aloxamentos turísticos que permite reducir custes e optimizar tempos mediante a automatización de procesos. Ofrece recepción e estadías cen por cen autónomas para o hóspede, acceso mediante chave dixital, apertura remota para os propietarios, integración con sistemas PMS e a posibilidade de venda de servizos adicionais, achegando maior control e novas oportunidades de ingresos.
Pola súa banda, Beditas Display propón unha nova forma de entender as oficinas de turismo e os puntos de información mediante a dixitalización. A solución integra tótems e pantallas interactivas, plataformas de información, webs e aplicacións turísticas, roteiros intelixentes e sistemas de enquisas, co obxectivo de ofrecer experiencias máis atractivas, eficientes e conectadas para visitantes e cidadáns
2026, un ano clave
Santiago Paz, CEO de Dos Espacios, asegura que “FITUR é sempre o espazo clave para presentar as novidades e os avances do noso traballo durante o ano. É a cita que nos permite ampliar mercados e obxectivos, e mostrar de primeira man os nosos desenvolvementos”, ao que engade que “este ano preséntase cheo de proxectos en diferentes áreas consolidando a filosofía empresarial que nos permitiu chegar ata onde estamos. As expectativas son realmente boas para un sector que aspira a seguir medrando e aplicando a vangarda tecnolóxica para ofrecer máis e mellores servizos aos visitantes, tanto nos propios destinos como nos establecementos que acollen aos turistas”.
Coa súa presenza en FITUR 2026, Dos Espacios consolida o seu compromiso de seguir traballando estreitamente con destinos, administracións públicas e empresas turísticas, achegando coñecemento, tecnoloxía e estratexia para impulsar un turismo máis intelixente, sostible e competitivo ao longo de 2026.
Dos Espacios é unha empresa especializada en consultoría turística, transformación dixital, plataformas DTI e comunicación estratéxica, que acompaña a destinos e empresas no deseño e implementación de solucións innovadoras orientadas a mellorar a xestión, a experiencia do visitante e o posicionamento no mercado turístico.
A compañía galega ofrece durante a celebración de FITUR reunións presenciais na súa propia caseta (12B28) do novo Pavillón do Coñecemento (P12) e a posibilidade de solicitar unha demo empresarial das súas solucións tecnolóxicas.
Desde hoxe e ata o domingo 25 celébrase no IFEMA a 46ª edición dunha das feiras sectoriais máis destacadas do mundo no sector turístico. As tres primeiras xornadas (do 21 ao 23) estarán reservadas para profesionais, antes de que o recinto abra as súas portas ao gran público.