Dous proxectos de Altia, finalistas nos premios ASLAN 2026
venres, 27 de febreiro do 2026
Dous dos máis recentes proxectos da firma tecnolóxica Altia, o Portal de Atención Sociosanitaria de Euskadi e GIS Emergencias do Ayuntamiento de Madrid, son candidatos aos premios ASLAN 2026.
A firma coruñesa lembra que dentro do programa de actividades do Congreso ASLAN 2026 outorgaranse os Premios Aslan á Transformación nas Administracións Públicas. Neles, recoñécese o esforzo de organismos e empresas públicas na implantación de novas tecnoloxÃas para prestar mellores servizos ao cidadán, mellorar a eficiencia e optimizar custos.
Este ano, dous proxectos nos que participa Altia son candidatos aos premios. A votación está aberta do 25 de febreiro ao 10 de marzo para todos os usuarios rexistrados.
O primeiro dos proxectos é o Portal de Atención Sociosanitaria de Euskadi (Servizos Públicos Dixitais e Experiencia Cidadá). Impulsado pola Dirección de Atención Sociosanitaria do Departamento de Saúde do Goberno Vasco, este proxecto reforza o seu compromiso coa transparencia, a innovación, a formación continua e a mellora da calidade da atención, avanzando cara a un modelo de atención máis coordinado, integrado e centrado nas persoas.
Tamén na categorÃa de Innovación en Administracións Locais encádrase o proxecto GIS Emergencias do Concello de Madrid. Este servizo garante a continuidade operativa e evolución tecnolóxica da infraestrutura xeoespacial crÃtica que utilizan os Bombeiros e o SAMUR de Madrid. Ao asegurar unha resposta técnica inmediata, optimÃzanse os roteiros e o despacho de unidades, permitindo que os equipos de emerxencia cheguen ao cidadán no menor tempo.
O congreso celebrarase os dÃas 17, 18 e 19 de marzo.
