E-life distingue 7 perfiles de usuarios TIC segundo a relación que manteñen coas novas tecnoloxías
martes, 7 de novembro do 2006
A famosa fenda dixital non só é cuestión de cartos. Tal e como reflicte un estudo presentado pola consultora Millward Brown e o Concello de Madrid con motivo da celebración de E-life dentro de SIMO 2006, depende tamén dunha cuestión xeracional. A idade e o nivel socioeconómico son os dous indicadores que marcan a intensidade coa que as persoas empregan as tecnoloxías da información na súa vida diaria e conforme a isto, existen uns patróns de conduta que definen o perfil de cada usuario, obtidos a partir de entrevistas realizadas a 1.000 madrileños e entre 15 e 70 anos.
Segundo os autores do estudo, os resultados poden ser extrapolables a tódalas grandes cidades pois son patróns de comportamento identificables nunha chea de escenarios. Os sete perfiles predefinidos van dende “maiores desconectados” (persoas de máis de 55 anos que non empregan practicamente nada as novas tecnoloxías) ata “adolescentes hiperconectados”, novos de entre 15 e 19 anos fortemente cinguidos ás novas ferramentas e que fan un uso moi intensivo das mesmas, pasando por “executivos conectados”, “parellas modernas conectadas” ou un dos perfiles que máis chama á atención: as “desconectadas cultivadas” (mulleres adultas, con acceso á tecnoloxía e que non a empregan moito porque non lles interesa, xa que prefiren a lectura e as actividades culturais).
