EA merca PopCap Games por 750 millóns de dólares
martes, 12 de xullo do 2011
- Plantas contra Zombis</Em> é un dos grandes éxitos de PopCap Games
Pese a que o sector dos videoxogos continúa en crecemento, as consolas de
videoxogo non cesan de perder peso fronte aos xogos móbiles e sociais, o que
levou a Electronic Arts a mercar PopCap Games, compañÃa detrás de tÃtulos como Bejeweled e Plantas Contra Zombis, por
650 millóns de dólares en efectivo e outros 100 millóns de dólares en accións e
incentivos. O tamaño desta operación parece elevado, pero poderÃa ser menor
do agardado, xa que o valor estimado da compañÃa era duns 1.000 millóns de
dólares.
EA xa adquiriu hai pouco a Firemint, compañÃa que desenvolve xogos para iOS, e
coa compra de PopCap Games reforza aÃnda máis a súa división de xogos móbiles e
sociais, para chegar a unha audiencia maior.