El Señor de los Anillos: La Guerra del Norte estrea versión para Mac
luns, 23 de setembro do 2013
Tras a súa chegada a Xbox 360, PlayStation 3 e PC en 2011 do
xogo El Señor de los Anillos: La Guerra del
Norte, finalmente os usuarios de equipos de Apple poden gozar dunha versión
adaptada aos seus equipos na Mac App Store a un prezo de 26,99 euros e
ofrecendo un xogo de rol e acción cooperativo que fuxe da historia principal da
obra de Tolkien para explotar unha parte da trama baseada en detalles extraÃdos
dos libros e distintos apéndices.
Nesta aventura participan Eradan o montaraz, Andriel o élfico e Farin o anano, nunha
viaxe a través de cadeas montañosas conxeladas, ancestrais bosques e poderosas
cidadelas para protexer ao Norte das forzas escuras de Sauron.
Este tÃtulo con modo cooperativo en rede local é esixente, precisando para
funcionar un equipo cun procesador a 2 GHz, 4 Gb de RAM, unha gráfica con 256
Mb de memoria e 11 Gbytes de espazo de disco libre, sendo incompatible coas ATI
X1xxx, ATI HD2xxx, Intel GMA, Intel HD3000, nVIDIA 9400, nVIDIA 3xx, nVIDIA
7xxx e nVIDIA 8xxx, e precisando dun mÃnimo de 8 Gb de RAM se temos unha
gráfica Intel HD4000.