Eliminan unha perigosa medida de seguridade incluÃda na versión para PC de Street Fighter V
luns, 26 de setembro do 2016
A semana pasada o xogo Street
Fighter V recibiu
a súa actualización de setembro, de xeito que recibiu ao personaxe Urien,
incorporou os obxectivos diarios (animando asà aos usuarios a xogar con máis
frecuencia) e engadiuse tamén un novo traxe para Necalli, novidades que
poderÃan considerarse bastante superficiais, pero que no caso da versión para
PC do xogo viñan acompañadas con un sistema de protección contra copias e
contra trampas que provocou grandes problemas, que provocou que
finalmente Capcom decidise retrotraer a actualización.
A
medida de seguridade que incluÃa a actualización de setembro pretendÃa
evitar o funcionamento de cracks que
permitÃan o uso de copias piratas do
xogo, á vez que tamén impedÃa o uso de certos trucos que permitÃan trucar o
sistema económico do xogo para poder desbloquear contidos que non se conseguiran
de xeito lexÃtimo, pero a cura resultou ser peor que a enfermidade, de xeito
que algún antivirus identificaba a actualización como un virus, e con moita
razón, pois a protección aplicada era un rootkit,
práctica moi perigosa, que porÃa en risco a seguridade dos equipos informáticos
afectados, o que tras ser denunciado polos usuarios levou a unha desculpa de
Capcom e dar un paso atrás, deixando unha grande sensación de malestar entre os
xogadores de Street Fighter V para
PC, que tiveron problemas co xogo durante varios dÃas e sentiron como Capcom
abusaba da confianza que depositaran na compañÃa ao empregar o seu xogo de
loita de referencia.
- Os usuarios denunciaron que a medida de seguridade de Street Fighter V tratábase dun perigoso rootkit