Epic Mickey terá edición para coleccionistas
luns, 30 de agosto do 2010
As publicacións
de xeito anticipado en tendas en liña de produtos sen confirmar son unha das
canles máis habituais de filtracións nos últimos anos, e nesta liña Toy’R’Us
vén de colocar no seu catálogo toda unha sorpresa para os usuarios da Wii, unha
edición de coleccionista do último xogo de Warren Spector exclusivo para tal
plataforma, Epic Mickey.
Este tÃtulo previsto para a tempada de Nadal, pese a non ser para unha das
consolas de alta definición (nas que as edicións de coleccionista son máis
frecuentes do que deberÃan) poderá adquirirse cun disco extra cunha reportaxe
sobre a súa creación, adhesivos para decorar a Wii e o seu mando e unha figura
do rato Mickey de 13 centÃmetros de altura. Todo isto virá nunha fermosa caixa
decorada co protagonista da aventura experimentando coa pintura e custará
69,99 dólares nos EE.UU. (20 dólares máis que a edición ordinaria), estando
sen confirmar se chegará a España nesta edición especial.
De todos os xeitos, non será preciso mercar a edición de coleccionista de Epic Mickey para quedar impresionado,
pois o seu trailer oficial xa apunta maneiras: