EverCam, a cámara de vixilancia sen fÃos con 1 ano de autonomÃa
martes, 17 de abril do 2018
O
atractivo dalgunhas propostas leva a que sexan un éxito instantáneo en plataformas
como Kickstarter, como é o caso da EverCam,
unha cámara de seguridade sen fÃos que promete unha autonomÃa de 365 dÃas o
que levou que a poucas horas do seu lanzamento xa multiplique por 14 a
cantidade de cartos que se tiña marcado como meta.
Este produto que pretende chegar ás mans dos seu mecenas en setembro, e aÃnda que
o seu prezo comercial pretende ser de 329 dólares, neste momento pode
adquirirse por 219 dólares, o que semella un prezo moi atractivo para un
trebello coas súas prestacións, xa que as grandes vantaxes desta cámara serÃan
tanto a súa doada instalación como a ausencia de custos ocultos (xa que outras
cámaras precisan do pagamento de cotas mensuais).
A EverCam é unha cámara sen fÃos que pode instalarse nun soporte magnético que
facilita a súa orientación (disparando unha alarma sonora se detecta que alguén
trata de movela á forza), a súa elevada autonomÃa fai que non haxa que preocuparse
de recargala cada poucas semanas, a súa resistencia á auga (IP66) permite a súa
instalación en exteriores e tamén integra tecnoloxÃa de recoñecemento facial e
altofalante para permitir unha comunicación bidireccional (por exemplo, para
falar con que se achegue á porta do noso domicilio). Pode controlarse a través dunha
aplicación móbil que tamén permite configuracións multi-cámara (e tamén o seu uso
en combinación con sensores de presenza), o seu sensor ten resolución Full HD e
soporte de visión nocturna, e pode gravar as imaxes captadas nunha tarxeta
microSD (inclúe unha de 16 GB) asà como acceder ao seu contido remotamente.
Dende a campaña de micromecenado desta cámara están dispoñibles distintos lotes
que inclúen varias cámaras e sensores de portas, buscando asà facilitar unha
instalación de seguridade de fogares con varias entradas a un prezo relativamente
axustado.
En vista da boa aceptación da EverCam, os seus responsables tamén prometen que
lanzarán actualizacións de software que incorporarán novas prestacións como
compatibilidade con IFTTT ou soporte para Alexa e o Asistente de Google.