Facebook facilita a transformación de perfÃs de usuario en páxinas
venres, 1 de abril do 2011
Moitas empresas
ao dar o salto ás redes sociais cometeron o erro de abrir un perfil de usuario
en Facebook en vez de crear unha páxina en tal plataforma, de xeito que
incumpren as condicións do servizo e teñen que afrontar limitacións como ter
que aprobar os seus amigos de un en
un e non poder superar as 5.000 amizades, pero para poder solucionar a
situación sen perder todo o traballo desenvolvido en Facebook facilitan unha función de migración
de perfil a páxina, permitindo elixir entre distintas opcións para definir
a nosa presenza en Facebook (negocio local ou lugar, organización, marca ou
produto, figura pública, lecer e causa ou comunidade).
É preciso destacar que esta operación de migración non ten volta atrás, e aÃnda
que converta os amigos en seareiros e arrastre as fotografÃas do perfil, a
información publicada no taboleiro do usuario e o resto de datos asociados perderanse
no proceso (aÃnda que Facebook permite descargar tal información dende as súas
opcións de configuración, por se algún usuario quere conservala localmente) e o resultado final non terá as mesmas caracterÃsticas que unha conta de usuario en Facebook.
Para poder realizar o proceso de migración neste momento debemos acceder a tal
opción en inglés, pois non está debidamente traducido a outras linguas, aÃnda
que as preguntas máis
frecuentes sobre o tema xa están dispoñibles en español.