FormulaTV e outras páxinas web de lecer botarán o peche
martes, 17 de marzo do 2026
O grupo Noxvo, responsable de varios medios dixitais de referencia no ámbito do lecer en España como FormulaTV ou eCartelera, comunicou ao seu cadro de persoal o peche da empresa despois de entrar en concurso de acredores, un paso que abre o proceso de liquidación da sociedade.
Todos os traballadores abandonarán a compañÃa nun prazo aproximado dun mes. A dirección xa trasladou esta decisión aos empregados, aos que tamén se lles indicou que os salarios pendentes serán xestionados a través do Fondo de GarantÃa Salarial (Fogasa).
Fundada en 2006 en Madrid, Noxvo desenvolveu durante anos unha rede de medios dixitais centrados no lecer, a cultura e a tecnoloxÃa. O seu proxecto inicial xirou arredor de FormulaTV, espazo web creado en 2004 e especializado en televisión, audiencias e series, que serviu como base para a expansión posterior do grupo.
Co paso do tempo, a compañÃa ampliou o seu catálogo con publicacións como eCartelera (centrada no cine), Bekia (actualidade social e entretemento), Zonared (videoxogos e tecnoloxÃa), Los Replicantes (dirixido a público novo), MENzig (moda masculina) e Motor & Racing (motor e competición).
O modelo de negocio de Noxvo baseouse fundamentalmente na monetización de audiencias a través de publicidade dixital, contidos patrocinados e produción para redes sociais. Ademais, a empresa tamén ofrecÃa servizos tecnolóxicos como deseño web, programación, hospedaxe, consultorÃa informática e sindicación de contidos.
Durante anos, esta rede de portais chegou a concentrar millóns de usuarios mensuais no ámbito do lecer dixital en español, e o fracaso do seu negocio está a verse como un signo dos cambios que están a producirse na Rede, onde os buscadores web tradicionais están a perder importancia á hora de remitir tráfico a webs e as plataformas sociais tamén están a transformarse, facendo que as fórmulas do pasado queden rapidamente obsoletas.
