Galicia proxéctase no ámbito internacional como referente en tecnoloxÃas cuánticas
mércores, 17 de decembro do 2025
O conselleiro de Educación e Ciencia, Román RodrÃguez, participou hoxe na II International Quantum Business Conference, que se celebra en Santiago de Compostela organizada polo CESGA e Fujitsu, coa colaboración da Xunta de Galicia. O responsable autonómico saudou aos máis de 300 asistentes procedentes de dez paÃses que se dan cita neste encontro, centrado no impulso das tecnoloxÃas cuánticas no eido empresarial. A apertura do evento correu a cargo da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.
A celebración desta segunda edición da International Quantum Business Conference coincide cun momento de especial relevancia para o ecosistema galego de cuántica. Galicia destaca tanto no ámbito investigador, a través das universidades públicas, dos centros tecnolóxicos e do CESGA, como no desenvolvemento de infraestruturas avanzadas en computación, comunicacións e sensórica cuántica.
O CESGA vén de adxudicar a adquisición dun novo computador cuántico cunha capacidade de 54 cúbits, que se suma ao actual Qmio, de 32 cúbits. Pola súa banda, o Vigo Quantum Communication Center conta con tres laboratorios experimentais e cunha estación óptica terrestre orientada ás comunicacións cuánticas. Ademais, Galicia participará no primeiro Centro Europeo de Excelencia Cuántica (QEX), a través do CESGA e das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, cunha iniciativa orientada a reforzar o liderado europeo neste ámbito tecnolóxico.
Talento e sistema sólido
No eido do talento, a Comunidade dispón dunha oferta formativa especializada, con dous mestrados de referencia: o Mestrado en Ciencia e TecnoloxÃas da Información Cuántica, impartido polas tres universidades galegas, e o Mestrado en Computación de Altas Prestacións, desenvolvido polas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Galicia conta tamén cun ecosistema sólido e estable, articulado arredor da Rede galega de tecnoloxÃas cuánticas, que integra a administración autonómica, as universidades, os centros tecnolóxicos, os clústeres e o tecido empresarial.
Desde 2024 celebráronse dous encontros de coordinación deste ecosistema e Galicia participou activamente tanto no Ano internacional da ciencia e da tecnoloxÃa cuántica como na elaboración da Estratexia de tecnoloxÃas cuánticas de España.
A colaboración público-privada entre Fujitsu, o CESGA e a Xunta de Galicia enmárcase no proxecto Quorum Spain, un ecosistema de innovación en tecnoloxÃas cuánticas liderado desde Galicia, co obxectivo de crear unha contorna colaborativa que impulse a innovación neste eido e sitúe a España á vangarda das tecnoloxÃas do futuro. Este proxecto está financiado polo CDTI con fondos europeos Next Generation EU e polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A cuántica está definida como unha iniciativa de alto impacto dentro das áreas estratéxicas do Plan galego de investigación e innovación 25-27, o que evidencia o compromiso do Goberno galego co desenvolvemento destas tecnoloxÃas a través do Polo de tecnoloxÃas cuánticas de Galicia.

- Román RodrÃguez e Carmen Cotelo participaron neste encontro organizado polo CESGA e Fujitsu
