Galicia regulará por lei o uso da IA e limitará as pantallas nas aulas ata 5º de Primaria
martes, 12 de maio do 2026
A Xunta presentou no CEIP Agro do MuÃño, en Ames, o anteproxecto da futura Lei de Educación Dixital de Galicia, unha norma coa que o Goberno galego busca converter a comunidade en pioneira no Estado ao regular aspectos como o dereito á desconexión dixital do alumnado, o uso da intelixencia artificial nas aulas e a limitación do emprego individual de dispositivos electrónicos nas primeiras etapas educativas.
O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román RodrÃguez, asà como polo alcalde de Ames, Blas GarcÃa, a concelleira de Educación, Beatriz MartÃnez, e a directora do centro, Mari Carmen Liñares. A intención do Executivo autonómico é que a norma entre en vigor en 2027.
Rueda asegurou que Galicia contará cun «marco legal integral para ensinar, protexer e acompañar» á comunidade educativa e defendeu un modelo hÃbrido que combine recursos dixitais e materiais tradicionais como o papel. Segundo explicou, o obxectivo é que o alumnado adquira competencias tecnolóxicas sen perder habilidades como a lectura, a escritura correcta ou a capacidade de concentración.
O presidente galego salientou tamén que a futura lei establecerá lÃmites claros para o uso da intelixencia artificial no ámbito educativo. «A IA nunca vai substituÃr a un mestre», afirmou, incidindo en que esta tecnoloxÃa debe funcionar como ferramenta de apoio para o profesorado, especialmente na detección temperá de dificultades de aprendizaxe e na creación de exercicios personalizados.
A norma fixa unha adaptación progresiva da tecnoloxÃa segundo a idade e a madurez do alumnado. En Educación Infantil e nos primeiros cursos de Primaria o uso de dispositivos será colectivo e compartido, mentres que o emprego individual de pantallas non se permitirá ata 5º de Primaria. Ademais, mantense a prohibición xeral dos teléfonos móbiles e establécese que o seu uso con fins pedagóxicos só poderá autorizarse a partir de 3º da ESO.
O texto inclúe tamén a prohibición de gravar clases por parte do alumnado e das familias sen autorización expresa previa e contempla sistemas de avaliación continua para supervisar a evolución da transformación dixital do ensino galego.
A futura lei forma parte dunha estratexia máis ampla da Xunta que incorpora iniciativas como EdugalIA, orientada á xestión intelixente de datos para anticipar situacións como o abandono escolar, e o Plan de benestar dixital, centrado en promover un equilibrio entre tecnoloxÃa, saúde emocional e desenvolvemento persoal.
Durante o acto, o alcalde de Ames, Blas GarcÃa, valorou positivamente a iniciativa e destacou que a regulación ofrece «unha garantÃa aos mestres e ás familias» nun momento de cambio marcado pola expansión das novas tecnoloxÃas. Tamén advertiu de que estas ferramentas «son cada vez máis poderosas e tamén máis perigosas se non se empregan con responsabilidade», defendendo a necesidade de acompañar o avance tecnolóxico con medidas de protección e seguridade tanto nas aulas como nos fogares.
A Xunta sostén que esta transformación dixital se apoia nun modelo educativo baseado na equidade e na excelencia, e reivindica que Galicia é a única comunidade autónoma na que a educación é gratuÃta desde a escola infantil ata a universidade.
