Gears of War 4 publica o seu primeiro tráiler con historia
luns, 11 de abril do 2016
Tras confirmarse que Gears of War 4 lanzarase
mundialmente o 11 de outubro e adiantarse que os días 18 e 25 de abril botarán
a andar a súa beta anticipada e a súa beta aberta, queda claro que este título
que está a desenvolver The Coalition está xa a ultimar o inicio desta nova
saga, e para ir introducindo aos seareiros de Gears of War nesta nova etapa veñen de estrear o primeiro tráiler
con historia de Gears of War 4, que
leva por título Mañá, e conecta o
legado da familia Fenix (de pai a fillo) e amosando unha pequena ollada ás
ameazas que están por chegar.
Ao remate de Gears of War 3 Marcus
Fenix imaxinaba o que achegaría o futuro, nun mundo sen guerra, pero neste novo
tráiler, ambientado cunha versión do The
Sound of Silence de Simon and Garfunkel, podemos ver como a paz foi
efémera, e o fillo de Marcus, JD, terá que enfrontarse a novas ameazas que
converten de novo ao mundo nun pesadelo.
Tráiler de Gears of War 4 publicado hoxe