God of War: Ascensión tará edicións especial e de coleccionista
xoves, 11 de outubro do 2012- A edición para coleccionistas de God of War: Ascensión incluirá unha figura de Kratos
Ata o 13 de marzo non chegará ás tendas o videoxogos God of War: Ascensión, pero dende Sony
queren ter sobre aviso aos incondicionais das aventuras do guerreiro espartano
Kratos, e adianta que terá unha
modesta edición especial e unha impresionante edición de coleccionista, que
agradecerán moitos usuarios da PlayStation 3 que postos a mercar unha edición
fÃsica dun xogo queren que tal adquisición pague a pena.
A Edición Especial entrega o xogo nunha caixa metálica incluÃndo un bonus de
dobres XP para o modo multixogador, a banda sonora do xogo (en formato
descargable), o tema dinámico para PS3 e un lote de avatares, mentres que a
Edición Coleccionista é moito máis ambiciosa, incluÃndo tamén os contidos
anteriores, pero engadindo unha figura de Kratos de 20 centÃmetros de alto e o
lote multixogador de Heroes Mitolóxicos.