God of War Ragnarök vende 5,1 millóns de copias na súa primeira semana
xoves, 24 de novembro do 2022
O agardado
xogo God of War Ragnarök non só
está a recibir boas crÃticas, senón que está a ter un éxito comercial
impresionante, pese ao complexo momento que están a vivir as consolas
PlayStation polas súas dificultades para saltar á nova xeración (polas poucas
unidades que se poñen á venda cada vez da PS5).
Veñen de publicar datos de PS4 e PS5 con data do 13 de novembro, e God of War Ragnarök serÃa a entrega da
saga con mellor estrea, conseguindo
vender 5,1 millóns de copias na semana do seu lanzamento e converténdose no
lanzamento first party que máis rápido vendeu.
AÃnda falta bastante para que poidamos facernos unha idea do total de unidades que poderá vender esta nova entrega
das aventuras de Kratos e Atreus, pois o xogo de 2018 conseguira vender 19,5
millóns de copias para consola, e actualmente terÃa superado os 23 millóns de
copias vendidas (polo que podemos entender que o seu lanzamento para PC
conseguiu ampliar o público da franquÃa en millóns de xogadores).