Google News volve a España e continúa a marxinar o galego
mércores, 22 de xuño do 2022
A
lexislación española levou a que en 2014 botase o peche Google News en
España, xa que a empresa de Mountain View non estaba disposta a pagar unha
compensación aos medios de comunicación por divulgar os seus contidos co seu
consentimento e baixo o seu control.
O peche do servizo levou a que moitos medios de comunicación perdesen bastante
tráfico, polo que decidiron presionar para que o Goberno modificase a
lexislación para poder reverter a situación, xa que cobrar aos agregadores de
novas na web confirmouse como algo inviable ou, como mÃnimo, moi pouco rendible.
Finalmente aprobouse o Real Decreto-lei 24/2021 de 2 de novembro, que traspón
directivas europeas relativas aos dereitos de autor e dereitos afÃns aplicables
a determinadas transmisións en liña, o que daba luz
verde á volta de Google Noticias, e, finalmente, coincidindo co 20
aniversario mundial do servizo, Google
News volve a España.
Neste momento podemos acceder á páxina web de
Google News, e en breve poderase tamén acceder ao servizo a través das súas
aplicacións móbiles. Deste xeito preténdese que os lectores teñan máis doado
localizar novas de medios fiables, contribuÃndo asà á loita contra a
desinformación.
Google News tamén pode resultar útil para a localización de novas locais, aÃnda
que en tal caso cómpre salientar que o servizo en España só acepta medios en
español, ou sexa, que os medios en éuscaro, catalán e galego permanecer
marxinados do espazo de novas de Google, discriminación que prexudica claramente
ás linguas minorizadas e restrinxe considerablemente a difusión de información
de proximidade.