Google quere frear a apertura da súa tenda de aplicacións para móbiles
xoves, 17 de outubro do 2024

- Imaxe de Jonathan Deamer do campus de Google
A confirmación de que a tenda de Google de aplicacións para móbiles terá que abrirse á competencia dun xeito moi profundo levou a que a compañÃa de Mountain View presentase un recurso e agora presentaron tamén unha petición de pausa das medidas propostas para Android e Google Play ata que se resolva tal apelación asegurando que as medidas propostas polas autoridades xudiciais poden ser prexudiciais para desenvolvedores e usuarios.
Cómpre salientar que non ten moito sentido que a tenda de aplicacións de Google teña que realizar toda unha serie de medidas de apertura mentres que a Apple Store de Apple non ten que facelo, pese a que en Android é posible instalar tendas de aplicacións alternativas (algo que en iOS non é posible nos EE.UU.).
Dende Google aseguran que o feito de permitir a distribución de tendas de terceiros a través de Google Play pode supor unha ameaza para a seguridade e a privacidade, ven un risco que as aplicacións poidan enlazar a descargas externas, facilitar o uso de sistemas de pagamento externos tamén eliminan unha importante capa de protección e, ademais, os cambios esixidos teñen un impacto moi grande en usuarios, desenvolvedores e fabricantes, polo que precisan de prazos máis amplos para a súa aplicación.
Por outra banda, hai compañÃas que están a prepararse para que o vindeiro 1 de novembro Google teña que mudar as normas da súa tenda de aplicacións, como Microsoft, que prevé que a aplicación de Xbox evolucione para permitir a compra e execución na nube dos xogos de consola, o que suporÃa toda unha revolución para o xogo en dispositivos con Android e que deixarÃa a Google fóra do negocio ao non poder impor condicións nin recibir comisións das operacións de compra.
