Gradius renacerá para a Nintendo Wii
martes, 22 de xullo do 2008
O videoxogo
clásico de naves de desprazamento horizontal Gradius (máis coñecido en Europa coma Nemesis) continúa a estar de actualidade pese a ter máis de 23
anos, pois Konami anunciou que vai lanzar Gradius
ReBirth dentro da plataforma WiiWare para a consola doméstica de
Nintendo (ou sexa, que se venderá coma descarga).
O
novo xogo poderá adquirirse durante o verán no Xapón, e aÃnda non se
detallou se é un remake do clásico ou
se trata dunha nova creación inspirada no videoxogo orixinal, aÃnda que o tÃtulo
desta entrega poderÃa indicar a resurrección dunha franquicia da que a última
entrega foi Gradius
V para PS2 (que saÃu hai exactamente
4 anos).