Incidencia masiva en R
xoves, 30 de xaneiro do 2020
Esta mañá o servizo de Internet fixo e móbil do operador de
telecomunicacións R está a experimentar unha
incidencia masiva rexistrada ás 8:25 horas e que ás 10:20 horas a
compañía aseguraba que estaba «en proceso de solución», de xeito que
debería estar a recuperarse o servizo de xeito gradual.
Neste tipo de situacións espérase que os clientes reciban unha compensación
económica pola caída do servizo, aínda que os usuarios normalmente non están
satisfeitos cun desconto cativo na súa vindeira factura cando precisan acceso á
Internet para estar comunicados e poder traballar, xa que actualmente son
moitos os profesionais e empresas que utilizar a Rede para desenvolver a súa
actividade e tramitar pagamentos, de xeito que unha caída de varias horas pode xerarlles
perdas importantes.
ACTUALIZACIÓN (13:00 horas): Dende R instan aos usuarios a pór e quitar o modo avión do móbil para recuperar a conexión e boa parte dos usuarios recoñecen ter recuperado a conexión no móbil, pero continuar a ter problemas co acceso á Internet na casa.
ACTUALIZACIÓN (14:37 horas): R anuncia que compensará polas molestias desta maña (aparte da compensación legal correspondente) con 20 GB de datos adicionais no móbil que poderán consumirse até o 22 de febreiro.