Intel pecha o seu grupo de desenvolvemento de wearables
xoves, 19 de abril do 2018
A pouco máis de dous meses de desvelarse que Intel
estaba a traballar nunhas lentes conectadas discretas,
que probablemente conseguirÃan trunfar alà onde fracasaron as Google Glass por
detalles como carecer de cámara para non entremeterse na intimidade das
persoas, semella que podemos dar
o proxecto por morto, pois aÃnda que as Vaunt terÃan a súa tecnoloxÃa o
suficientemente madura como para poder achegala a fabricantes a finais de ano, non
parecen atender a unha demanda real do mercado, polo que finalmente decidiron
pechar a división encargada de desenvolver produtos wearables.
A tecnoloxÃa de proxección retinal das Vaunt era completamente revolucionaria,
e poderÃa supor un importante avance, pero Intel non parece quere realizar
grandes investimentos con moitas dúbidas da súa recuperación, xa que nos
últimos anos vimos como a tecnoloxÃa wearable
non consegue callar na poboación, cando menos con produtos de elevado prezo,
que teñan marxe dabondo para compensar a aposta necesaria en I+D.