Jay Graber deixa a dirección executiva de Bluesky
luns, 9 de marzo do 2026

- Jay Graber amosando unha camiseta coa que troleabaz a Mark Zuckerberg
A fundadora e directora executiva de Bluesky, Jay Graber, anunciou que abandona o cargo de CEO da plataforma para asumir unha nova función centrada na innovación tecnolóxica, mentres a empresa inicia unha nova etapa orientada ao seu crecemento.
Graber, quen liderou o desenvolvemento da rede social Bluesky desde os seus primeiros pasos, pasará a desempeñar o posto de directora de innovación (Chief Innovation Officer), unha posición creada especificamente para ela. O seu lugar como responsable executiva será ocupado de maneira provisoria por Toni Schneider, antigo conselleiro delegado de Automattic e socio do fondo de capital risco True Ventures, mentres o consello de administración busca un substituto permanente.
«A medida que Bluesky madura, a empresa precisa un operador experimentado centrado na escalabilidade e na execución, mentres eu regreso ao que mellor sei facer: construÃr cousas novas», sinalou a directora executiva saÃnte.
Graber chegou ao proxecto en 2019, cando Bluesky funcionaba como unha iniciativa de investigación dentro de Twitter destinada a desenvolver un protocolo descentralizado para as redes sociais. En 2021 converteuse na primeira directora executiva da empresa tras a súa independencia formal. Desde entón supervisou o crecemento da plataforma, que pasou de ser unha alternativa experimental a X a consolidarse como unha das principais redes sociais baseadas en tecnoloxÃa aberta.
O servizo conta actualmente con máis de 40 millóns de usuarios e articúlase arredor do chamado AT Protocol, unha infraestrutura descentralizada deseñada para permitir a creación de múltiples aplicacións sociais interoperables e máis controladas polos propios usuarios.
Schneider, que exercerá como CEO interino, afirmou que a súa prioridade será consolidar a seguinte fase de expansión da compañÃa. Segundo indicou, o obxectivo é converter Bluesky «non só na mellor aplicación social aberta, senón na base dunha nova xeración de redes propiedade dos propios usuarios». O executivo mantén en paralelo o seu papel como socio de True Ventures, fondo que tamén participa no capital da plataforma.
A experiencia de Schneider está fortemente ligada ao ecosistema do software libre. Entre 2006 e 2014 foi conselleiro delegado de Automattic, a empresa responsable de WordPress.com, e regresou temporalmente ao cargo en 2024 durante a ausencia do seu máximo responsable, Matt Mullenweg. Durante ese perÃodo comezou a colaborar como asesor de Bluesky.
A nova estrutura deixa a Graber centrada no desenvolvemento tecnolóxico da plataforma. A propia directiva, que iniciou a súa carreira como programadora, sempre mostrou maior interese polos aspectos técnicos do proxecto que pola súa vertente empresarial. Desde a nova posición dedicará os seus esforzos á evolución do protocolo e das ferramentas que sustentan o ecosistema de aplicacións descentralizadas.
O consello de administración será o encargado de seleccionar o futuro director executivo. Entre os seus membros figuran o creador de Jabber, Jeremie Miller; a investidora Kinjal Shah; o fundador de TechDirt, Mike Masnick; e a propia Graber. Jack Dorsey, fundador de Twitter e impulsor inicial do proxecto Bluesky, abandonou o consello en 2024.
AÃnda que Bluesky experimentou un forte crecemento en momentos puntuais ao presentarse como unha alternativa a X, especialmente tras a evolución ideolóxica da plataforma dirixida por Elon Musk, segue cun volume de usuarios (máis de 40 millóns) moi lonxe dos seus competidores directos (por exemplo, Threads conta con máis de 400 millóns de contas activas), polo que conseguir dinamizar a situación é un reto difÃcil de superar.
