Karateka gozará en novembro de remake en alta definición
martes, 2 de outubro do 2012- Imaxe do clásico Karateka editado nos anos 80
O creador do clásico Prince
of Persia, Jordan Mechner, estreou en 1984 para ordenadores Apple II o xogo
Karateka, que adaptarÃase
posteriormente á meirande parte de plataformas do momento (dende ordenadores de
8 bits ata videoconsolas), que partÃa dun argumento moi tópico: o heroe tiña
que enfrontarse a numerosos contrincantes para penetrar na fortaleza dun malvado
señor da guerra para liberar á súa moza secuestrada, sorprendendo no seu
momento pola súa fluidez de movementos (como tamén pasou con Prince of Persia), e pese a non ser un
alarde de orixinalidade, Liquid Entertainment está a traballar no seu remake en alta definición para Xbox 360, PS3 e Wii U, do
que veñen a publicase algúns detalles en Xbox.com.
- Jeff Matsuda dirixiu o apartado artÃstico deste remake
ConfÃrmase que o novo xogo conta co deseño artÃstico de Jeff Matsuda (Batman: The Animated Series) e con música de Christopher Tin (Civilization IV). O novo Karateka amosa unha estética de debuxo animado grazas á técnica do cel-shading e agárdase que a aventura para salvar á fermosa Mariko do malvado Akuma poidan recuperarse a partires do 14 de novembro, data na que deberÃa saÃr este tÃtulo na súa versión para Xbox 360 (do resto de versións aÃnda non sabemos a data exacta).
- O cel-shading permite recuperar este clásico cuns agradables gráficos en alta definición