En 2012 unha esaxerada operación policial en Nova Zelandia acompañou ao peche de Megaupload.com baixo acusacións de piratería, o que non impediu que un ano despois nacese MEGA, un servizo que tomaría o relevo do anterior proxecto, pero dun xeito máis discreto, sen cesar a loita xudicial de Kim Dotcom contra as acusacións que chegaban dos EE.UU. e pedían a súa extradición (dando a impresión de que só nos EE.UU. poderían chegar a condenalo pola actividade do seu servizo de almacenamento en liña).
Agora que estamos ás portas do cuarto aniversario do peche de Megaupload continúan as incógnitas sobre como rematará o asunto, xa que un xulgado neocelandés admitiu a petición de extradición de Kim Dotcom aos EE.UU., que non se fará efectiva inmediatamente, xa que foi recorrida por considerar os avogados de Dotcom que o xuíz realizou unha incorrecta interpretación da lei, ignorando a lexislación neocelandesa que exime aos provedores de servizos de Internet da responsabilidade penal polas actividades dos seus usuarios.
Agora o proceso chegaría ao Tribunal Supremo de Nova Zelandia, polo que estímase que esta loita xudicial poderían alongarse outros catro anos máis.
Kim Dotcom recorre a súa extradición aos EE.UU.
Compartir Este Artigo

