Kinect pode empregarse para simular pantallas táctiles a distancia
mércores, 6 de marzo do 2013
O sensor Kinect que facilita que poidamos gozar de xogos de
baile na Xbox 360 agocha moito potencial, especialmente explotable se
conectamos o dispositivo a un ordenador con Windows, o que dende Microsoft
queren aproveitar para avanzar na creación de novas interfaces de usuario
naturais tal e como demostran nun vídeo que veñen de publicar no que podemos
comprobar as
posibilidades que abre Kinect con só adestrar ao sistema para diferenciar as
mans pechadas das abertas.
Se cando pechamos o puño diante de Kinect o sistema interprétao como premer
sobre a pantalla, temos unha especie de simulación de pantalla multi-táctil a
distancia, que serve para funcións como debuxar, moverse por mapas ou controlar
a interface de usuario do sistema operativo dun xeito bastante máis áxil a como
funciona Kinect habitualmente.
Queda agora por ver se estas posibilidades que demostran con Windows 8 poderán
verse na futura consola doméstica de Microsoft que sucederá á actual Xbox 360,
e que comentan que podería incluír de serie unha versión mellorada de Kinect.
Demostración da detección de mans abertas ou pechadas con Kinect