King of Fighters e Worms rexurden na Xbox 360

mércores, 1 de xullo do 2009 Marcus Fernández

<em>KOF '98: Ultimate Match</em> é unha adaptación do xogo de loita que saira para PS2Os usuarios da Xbox 360 poden adquirir dende hoxe por 800 puntos (9,6 euros) o clásico xogo de loita King of Fighters ’98 Ultimate Match, que hai pouco máis de 10 anos trunfara en máquinas recreativas e agora volve con poucos cambios (ou sexa, sen mellorar os seus gráficos para adaptarse á alta definición) como a semana pasada fixo Garou: Mark of the Wolves, aínda que baseándose na versión para PlayStation 2, en vez de a orixinal de NeoGeo, o que se traduce en contar co dobre de xogadores, así como dun modo de xogo en liña.
<em>Worms 2</em> presenta gráficos adaptados á alta definiciónPero para moitos este lanzamento no Bazar de Xbox LIVE é insignificante se o comparamos á outra estrea do día, Worms 2: Armageddon, un agardado título que continúa unha saga moi querida no PC á que se engade modo multixogador en liña e fóra de liña para 4 xogadores, compatibilidade con ordes de voz, multitude de armas, novos modos de xogo e uns gráficos que neste caso si están adaptados á alta definición.
O prezo deste xogo tamén é de 800 puntos (9,6 euros), e agora tócalle ao público decidir se os 10 anos que tardou en saír esta secuela pagou a pena.
De ambos títulos hai versión de demostración descargable de balde, aínda que do segundo xogo tamén podemos facernos unha idea co seguinte vídeo:

PUBLICIDADE