LG presenta 3 novos conceptos de robot
xoves, 4 de xaneiro do 2018
Entre
as novidades que LG leva estes dÃas ao CES de Las Vegas están tres
novos conceptos de robot que estarÃan destinados para empregarse comercialmente
en hoteis, aeroportos e supermercados e que formarÃan parte da nova marca
de robótica CLOi de LG, que xa conta con outros produtos en probas (como cortadoras
de céspede, guÃas de aeroporto e sistemas de limpeza para aeroportos).
O primeiro dos novos robots serÃa o Serving Robot, pensado para servir comida e
bebida a hóspedes de hoteis e salas de aeroportos dun xeito rápido e eficiente,
de xeito que o robot leva os alimentos ou o refrixerio até o cliente nunha bandexa
doada de extraer e, unha vez feita a entrega, percorre un camiño de retorno.
O Porter Robot serÃa unha solución para hoteis que está deseñada para levar a
equipaxe ás habitacións dos hóspedes, axilizando o transporte de equipaxe tanto
á chegada como á partida dos clientes.
O terceiro dos robots serÃa o Shopping Cart Robot, que busca mellorar a
experiencia de compra en supermercados premium,
de xeito que o clientes poden escanear elementos cun lector de códigos de
barras do robot para ver os prezos dos produtos e a listaxe completa da compra
na pantalla do robot. O robot tamén pode guiar aos compradores aos produtos que
seleccionen na súa aplicación móbil.