Libia encarga 1,2 millóns de portátiles 2B1 (do proxecto OLPC)
xoves, 19 de outubro do 2006
O fabricante taiwanés Quanta comezará a produción dos portátil 2B1 do proxecto One Laptop Per Child (ou portátil para cada neno) promovido polo MIT e Nicholas Negroponte que quere introducir ós cativos dos paÃses en vÃas de desenvolvemento na Sociedade da Información, saltando a fenda dixital cuns equipos informáticos que pretenden reducir o seu prezo ata os 100 dólares (aÃnda que nun principio custarán uns 140 dólares).
O comezo da produción non será con equipos para China, Brasil ou a India, senón que é Libia o paÃs que fixo un pedido de 1,2 millóns de ordenadores, o que lle dá un importante pulo a este proxecto que achegará ós nenos ordenadores portátiles resistentes, que se poidan conectar á Internet sen fÃos, que empregarán un sistema operativo GNU/Linux (para aforrar custos) e que incluso poderán recargar a súa baterÃa mediante unha manivela, co que pretenden que se poida empregar en lugares onde o subministro eléctrico non é estable ou non está dispoñible.
Dende Quanta sinalan que producirán 10 millóns de equipos dentro deste proxecto comezando o proceso no primeiro trimestre de 2007 na súa fábrica de Jiangsu (China).
