Linknovate e Situm obteñen o Premio Iniciativa Emprendedora do CPEIG
martes, 6 de xuño do 2017

- Os impulsores de Linknovate nunha imaxe publicada en El Mundo, Manuel Noya e José López Veiga
O
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG,
vén dar a coñecer as identidades das dúas empresas galegas que
este ano recibirán, ex aequo, o Premio Iniciativa Emprendedora.
Trátase de Linknovate e Situm,
dúas compañías tecnolóxicas da nosa terra que, en palabras do
Colexio, amosaron dende o primeiro intre da súa andaina “unha
marcada dimensión internacional”. O galardón compartido será
entregado no marco da Noite da
Enxeñaría en Informática de Galicia, que organiza en Santiago
o CPEIG, o vindeiro 16 de xuño, e que coincide, para quen non o
saiba, coas
celebracións dos dez anos de traxectoria da dita entidade
profesional.
Linknovate
Science S.L. nace no ano 2012 en Palo Alto, na aceleradora de
startups
da Universidade de Stanford, co obxectivo de “axudar ás empresas a
identificar tecnoloxías e mercados emerxentes, e os seus axentes
clave”. En concreto, Linknovate
realiza recuperación de información sobre bibliotecas de revistas
científicas, patentes e múltiples fontes de datos para
facilitarlles ás empresas intelixencia “na procura de
contribucións e socios
que lles poidan interesar para os seus proxectos”.
Os
seus impulsores fornecen
intelixencia competitiva como servizo, mediante o desenvolvemento de
ferramentas de software, como o motor de busca para innovación, Linknovate.com e a elaboración de
informes
personalizados que inclúen a opinión directa de expertos e
analistas adicados
en exclusiva ao proxecto, curando información, alén
dos algoritmos de Machine
Learning e NLP, que
axudan a dixerir grandes cantidades de datos.
A
súa tecnoloxía céntrase na analítica de datos e visualizacións e
información directa de expertos na materia (primary research).
O
modelo de negocio polo que aposta Linknovate é, en palabras do
CPEIG, “realmente accesible”, con subscricións freemium
(sen custo de alta) e informes personalizados a demanda.
Aínda
que Linknovate é unha compañía TIC, o seu negocio é transversal.
Serven a clientes en múltiples industrias, como en enerxía
(Repsol), motor (Faurecia, BMW), electrónica de consumo (Jabil
Inc.), sanidade (ACIS-Sergas) ou biotecnoloxía (IBA-Group).
Situm
Pola
súa banda, Situm Technologies S.L. é unha spin-off
do Centro de Tecnoloxía Avanzada da Universidade de Santiago de
Compostela (CITIUS), fundada en 2013. Segundo
explica o CPEIG, “desenvolveu
unha tecnoloxía de posicionamento en interiores única tras máis de
7 anos de investigación aplicada en robótica móbil e intelixencia
artificial”. Situm, engade
o Colexio, “é sinónimo de
mapas de interiores, localización e navegación coa máxima
precisión para os usuario móbiles, a infraestrutura mínima e o
menor tempo de implementación”.
Os
seus fundadores, doutores en enxeñaría, uniron os seus esforzos
para lograr os mellores emprazamento e localización en interiores de
alta precisión para smartphones, sen a necesidade de instalar
ou investir en hardware adicional.
Premios
Linknovate
·
2013. Seleccionados por
StartX para o programa acelerador de empresas da Universidade de
Stanford en Palo Alto.
·
2014. Hola Cloud (ICT Cloud
Computing). H2020 grant, concedido pola Comisión Europea.
·
2015. Finodex (FiWare,
aceleradora europea en Open Data). Concedido pola Comisión Europea.
·
2016. Seleccionados por
Microsoft para o programa acelerador de empresas de Microsoft en
Berlín.
·
2016. Recap (TIC Cloud
Computing). H2020 grant, concedido pola
Comisión Europea.
·
2016. SME Instrument fase 1.
H2020 grant, concedido pola Comisión Europea.

- Boa parte do equipo de Situm Technologies nunha imaxe recente
Premios
Situm
·
Premios Everis 2016. Accésit.
·
Gañadora do IMPACT’s Third
Open Call (2015) e IMPACT Extensión 2016.
·
Onda Emprende. Onda Cero
2015.
·
Open Future 2015. Primeiro
premio.
·
Mellor spin-off
de base tecnolóxica USC 2015.
·
Emprendedor XXI Galicia.
Primeiro premio.
·
Premio Elevator Pitch
Singularity University 2015.
·
Top 5 Startups máis
prometedoras en Digital Solutions for Mass Markets. South Summit Awards 2015.
·
Galicia Emprende 2015.
Gañador da categoría internacional.
·
Galicia Spin-Off 2015,
categoría Mellor Idea Emerxente.
·
YUZZ 2014. Primeiro premio.
·
Smart Ideas 2014 no Proxecto
Smart City. Concello da Coruña.
