LittleBigPlanet Karting chegará á PS3 o 8 de novembro
mércores, 8 de agosto do 2012- Quen reserve o xogo poderá facerse con 3 traxes e 3 vehÃculos adicionais para LittleBigPlanet Karting
Un dos tÃtulos que aspira a converterse no Mario Kart para PlayStation é o LittleBigPlanet Karting, que introduce
aos populares Sackboys no mundo das carreiras en vehÃculos motorizados do que
por fin sabemos a
súa data de lanzamento, que será o 8 de novembro e premiándose aos usuarios
que o reserven cun Game Maker Pack,
lote de contidos descargables entre os que figuran 3 traxes distintos e 3
karts.
O xogo contará adicionalmente cunha edición especial da que aÃnda non se
coñecen máis detalles que o feito de que contará cunha portada 3D lenticular.
Este tÃtulo pretende trunfar en boa medida por repetir a fórmula doutras
entregas de LittleBigPlanet, ou sexa,
permitindo a posibilidade de deseñar os nosos propios circuÃtos mediante un
editor incluÃdo no xogo. Os vehÃculos e a vestimenta dos Sackboys tamén poderán
personalizarse, e todos estes produtos obra da imaxinación e o traballo dos usuarios
poderán compartirse en liña para o goce doutros xogadores de calquera curruncho
do mundo.
Para o anuncio da data de lanzamento de LittleBigPlanet
Karting Media Molecule optaron por estrear un trailer do xogo cunha clara
inspiración nos Xogos OlÃmpicos que están a desenvolverse nestas datas:
- O xogo para PS3 terá tamén unha edición especial da que aÃnda non se coñecen os detalles
- O novo xogo de Media Molecule poderÃa converterse no Mario Kart de PlayStation 3