Livestream presenta un novo trebello para emitir streaming de vÃdeo sen ordenador
luns, 2 de marzo do 2015
Para facilitar a realización de transmisións de vÃdeo a
través da Internet dende Livestream comercializan
dende 2012 un trebello chamado Livestream Broadcaster que conectado
directamente a unha fonte de audio e vÃdeo (como pode ser unha videocámara) permite
lanzar o sinal á Rede sen a necesidade dun ordenador, o que resulta extraordinariamente
útil para unidades móbiles e retransmisións dende exteriores, e que agora van
resultar aÃnda máis doadas, xa que estrean unha versión mini que reduce
sensiblemente tanto o seu tamaño coma o seu prezo.
O Broadcaster mini mide
73 x 51 x 25,5 milÃmetros e pesa 110 gramos; aliméntase por USB e conta cunha
baterÃa interna recargable cunha autonomÃa de máis de 2 horas de streaming en directo; recibe vÃdeo de
até 1.080i mediante micro-HDMI, entregando o sinal resultante até 1.080p e 4
Mbps en H.264/AAC; conéctase con Wi-Fi N nas bandas dos 2,4 e os 5 GHz; e pode
controlarse mediante unha aplicación móbil para Android e iOS.
O prezo do Broadcaster mini é de 295 dólares, mentres que o modelo de grande
tamaño, que agora evolucionan nun Broadcaster Pro, sairá á
venda en abril ao prezo que tiña o modelo anterior (495 dólares) que destaca
por incluÃr tamén entrada de audio mini-jack, porto Fast Ethernet e un porto
USB no que pode conectar un modem 4G para gozar de conectividade móbil (este
novo produto tamén soporta vÃdeo a 1.080p e baterÃa cunha autonomÃa de máis de
3 horas).
- O Broadcaster mini pode empregarse con numerosas cámaras para emitir o seu sinal en vivo a través de Livestream