Logitech anuncia un novo teclado para iPad

xoves, 19 de maio do 2011 Marcus Fernández

Logitech quere aproveitar o pulo do iPad 2 e vén de incorporar ao seu catálogo o Logitech Tablet Keyboard for iPad, unha combinación de teclado e base deseñada para viaxar con facilidade, configurala de xeito rápido (emparéllase a través de Bluetooth con trebellos con iOS), permite a colocación do iPad en vertical e horizontal e ten un prezo moderado (59,99 euros) estando xa dispoñible para a súa reserva (agárdase que as primeiras unidades cheguen ao mercado a final de mes).
Cómpre detallar que a base para o iPad incluída tamén serve de funda de protección do teclado durante o transporte e que o teclado está serigrafado pensando en iOS, de aí que tamén exista unha versión destinada a tablets con Android no catálogo de Logitech.

PUBLICIDADE