Logitech comercializa o primeiro teclado solar
mércores, 3 de novembro do 2010- O panel solar libra ao usuario de ter que cambiar as pilas do teclado Logitech K750
Hai moitos anos
que temos entre nós calculadoras cun panel solar o que libraba do uso de pilas
para alimentar eses trebellos de reducido consumo, polo que case resulta
sorprendente que esta tecnoloxÃa non se aplicase antes a periféricos
informáticos coma os teclados sen fÃos (nos que a súa recarga ou a substitución
das súas baterÃas pode resultar unha molestia innecesaria). Pero por fin temos
o teclado
Logitech K750, que promete ser o primeiro que se recarga con enerxÃa solar,
e que coida a súa eficiencia enerxética para ser capaz de operar de 3 a 4 meses
cunha carga completa.
O novo teclado tamén resulta bastante elegante por presentar un
grosor de só 7 milÃmetros e teclas separadas (configuración cada vez máis
habitual en equipos portátiles, especialmente en sistemas de Apple). ComunÃcase
co PC a través dun receptor nano USB que opera na banda dos 2,4 GHz e o seu
prezo de venda é de 79,99 euros.