Máis de 6.500 alumnos de Bacharelato realizan as probas de competencia dixital
martes, 10 de marzo do 2026
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, supervisou hoxe no Instituto Eduardo Pondal de Santiago de Compostela o desenvolvemento das probas de competencia dixital dirixidas ao alumnado de Bacharelato. Ao longo desta semana, máis de 6.500 estudantes de 2º de Bacharelato realizan nos seus propios centros estes exames promovidos pola Xunta de Galicia co obxectivo de acreditar o seu nivel de coñecementos e habilidades no ámbito dixital.
Durante a visita ao centro compostelán, Judith Fernández subliñou a relevancia desta iniciativa para preparar a mocidade ante os retos da sociedade actual. «Estas probas permiten que o alumnado certifique oficialmente as súas competencias dixitais, unha ferramenta cada vez máis necesaria tanto no ámbito académico como no profesional», sinalou a representante da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP.
Galicia foi pioneira na implantación deste sistema de certificación no ámbito educativo, tanto para o profesorado como para o alumnado, en consonancia co marco europeo de competencias dixitais. Desde a súa posta en marcha no curso 2023/24, máis de 55.000 estudantes de ESO e Bacharelato xa demostraron e acreditaron as súas destrezas neste eido. «Queremos que rematen as distintas etapas educativas cunha preparación sólida tamén no ámbito tecnolóxico, que lles permita desenvolverse con garantÃas nun mundo cada vez máis dixital», afirmou.
A iniciativa inscrÃbese na Estratexia EduDixital 2030, que promove en Galicia un modelo de aprendizaxe hÃbrido no que o ámbito dixital e o analóxico conviven e se complementan. Deste xeito, contribúese tamén ao obxectivo marcado pola Unión Europea de que, no ano 2030, polo menos o 80% da poboación dispoña de competencias dixitais básicas.
O alumnado de 2º de Bacharelato que supera estas probas obtén a acreditación correspondente ao nivel B2 parcial, o mÃnimo establecido polos currÃculos educativos. Esta certificación avalÃa cinco áreas fundamentais: a procura e xestión da información e dos datos, a comunicación e colaboración en contornos dixitais, a creación de contidos dixitais, a seguridade e a resolución de problemas. Ademais, o sistema inclúe unha proba adicional para que os estudantes que o desexen poidan demostrar un nivel superior de competencia, en función dos coñecementos e habilidades adquiridos ao longo da súa formación.
