Major Nelson amosa os futuros avatares de Xbox 360
venres, 19 de setembro do 2008
Microsoft
anunciou no E3 que vai actualizar o Dashboard da Xbox 360 para incorporar o
aluguer de pelÃculas e avatares (seguindo os pasos dos Mii da Wii), e para ir
abrindo boca o director de programación de Xbox LIVE, Larry Hryb (máis coñecido
coma Major Nelson) publicou
no seu blog un vÃdeo no que nos amosa cómo serán os novos avatares e
o nivel de personalización que van ter.
Os personaxes que representarán aos xogadores son moi adaptables, podendo
elixirse a súa altura, complexión, forma e cor de pelo, ollos, roupa… toda unha
serie de detalles que permitirá a diversidade nos servizos que se desenvolverán
ao redor destes avatares tridimensionais dos que aÃnda non se coñece todo o seu
potencial.
O acabado gráfico dos avatares da Xbox 360, consola que vén de rebaixar o seu prezo
en España hoxe mesmo, estarÃa nun nivel intermedio entre os personaxes da Wii e
os do futuro Home de PS3, de xeito que combinan o mellor de ambos mundos:
movementos realistas e aparencia agradable para o público ocasional.
Os avatares cambiarán a experiencia de uso da Xbox 360