Maldita Castilla e Super Hydorah terá versión para Nintendo Switch

martes, 13 de marzo do 2018 Marcus Fernández

A semana pasada YoYo Games anunciou que está a preparar unha versión do seu GameMaker Studio 2 para Nintendo Switch, que vería a luz o vindeiro verán, ou sexa, que este motor de creación de xogos 2D vai facilitar a creación de títulos para a última consola de Nintendo, o que facilitará a adaptación de moitísimos xogos, de aí que Abylight Studios se animase a confirmar que tan pronto como sexa posible lanzará versións de Maldita Castilla e Super Hydorah para Nintendo Switch.
Estes xogos do creador independente Locomalito creáronse inicialmente con GameMaker, o que facía doada a súa adaptación a varias plataformas, e aínda que dende Abylight foron quen de adaptar Maldita Castilla a Nintendo 3DS (plataforma non soportada por GameMaker), o feito de que YoYo Games tendese pontes cara a Nintendo facilitará enormemente todo o proceso e probablemente converta a Switch nunha das consolas con máis títulos independentes nos vindeiros anos.

PUBLICIDADE