Mariano Rajoy estrea perfil en Facebook
xoves, 29 de novembro do 2007
- Perfil de Mariano Rajoy en Facebook
Tralo lanzamento da
campaña do PSOE na Internet dende o Partido Popular non queren quedar atrás
e o candidato Mariano
Rajoy xa ten un perfil en Facebook, que durante esta mañá xa contaba coa
adhesión de 959 amigos, de xeito que comeza a superar o grupo Zapatero 2008 que
neste momento ten 704 membros no popular servizo social norteamericano, que
aínda non é moi coñecido nin usado en España (coma tamén acontece con MySpace).
A entrada de Rajoy en Facebook pretendería proporcionar ós cidadáns máis
posibilidade de participación na política, así como achegarse un pouco á persoa
do candidato popular (pois dende este espazo virtual expón os seus gustos e
afeccións), aínda que dá a impresión de que os pasos dos políticos neste tipo
de páxinas web corresponden máis a un xeito de axitación,
- Grupo en Facebook crítico co candidato popular
que xa comeza a ter contrapartidas críticas, pois un grupo composto por 161 usuarios de Facebook xa insta a Rajoy a que non faga campaña nesta rede social dun xeito satírico (presentando un retoque fotográfico co político disfrazado de leather).