Microsoft estrea un buscador de puntos de acceso Wi-Fi

luns, 9 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Microsoft lanzou de xeito global un novo servizo, o Windows Live Hotspot Locator, que é un buscador de redes Wi-Fi tanto de balde como de pago, que recopilou xa uns 106978 hotspots de 99 países diferentes.
O novo servizo permite localizar puntos de acceso Wi-Fi en todo o mundo, que se poden consultar mediante a interface de Virtual Earth, para o que o sistema pregunta por datos como o país, a rexión e o código postal da posición a consultar, e a distancia da mesma á que se quere espallar a consulta.
Inicialmente o novo buscador amosa os resultados de forma textual:

Pero os resultados tamén poden consolidar un mapa para ter unha mellor percepción dos puntos de acceso Wi-Fi que temos ó noso redor:

En Galicia a meirande parte dos puntos de acceso localizados corresponden a servizos en hoteis, o que abre a posibilidade de empregar o servizo especialmente para a planificación de viaxes.

PUBLICIDADE