Namco prepara un xogo de esquí para o Wii Balance Board
mércores, 5 de decembro do 2007
O Balance
Board promete ser un periférico que dará moito xogo na Nintendo Wii, pois
non só se empregará cos distintos xogos incluídos no Wii Fit, senón que
fabricantes coma Namco xa anuncian que farán desenvolvementos para esta táboa
que detecta os movementos do xogador.
O xogo co que se
estreara Namco para o revolucionario periférico será de esquí, e se coñece
informalmente coma Ski Fit (nome non
definitivo) e estará baseado no Alpine
Racer que se podía ver nos salóns recreativos, de xeito que podemos agardar
un realismo e diversión descoñecida ata o momento en videoconsolas domésticas e
podería ser só un primeiro paso a outros xogos deportivos que poderían achegar
o snowboard ou o skateboard á Wii.
