#NeThinking conseguiu grande seguimento internacional na súa terceira edición
luns, 29 de abril do 2013
A Fundación Illa de San Simón celebrou os pasados dÃas 26 e
27 a terceira
edición do encontro #NeThinking, foro de diálogo e reflexión que dende os
seus inicios viña convidando á blogueira cubana Yoani Sánchez a participar no
evento (o que tivo que facer virtualmente ante a imposibilidade de saÃr do seu
paÃs) e finalmente esta influÃnte comunicadora a escala global (recoñecida co
Premio Ortega y Gasset de xornalismo, o premio Maria Moors Cabot e numerosos
medios como a revista Time e a CNN) visitou finalmente a Illa do Pensamento
para participar en persoa no encontro aproveitando que estes dÃas está de xira
por España.
#NeThinking 2013 puido seguirse por streaming
a través de San Simón TV e Terra TV, estando aberto o encontro á
participación da audiencia a través de Twitter, podendo agora
seguirse os seus foros temáticos en diferido a través de Livesteam,
plataforma na que consérvanse estes enriquecedores fervedoiros de ideas para a
súa reflexión pausada.
- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conversou con Yoani Sánchez na Illa de San Simón
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús
Vázquez Abad, achegouse ao encontro , onde intercambiou algunhas palabras
coa blogueira cubana Yoani Sánchez, a quen podemos considerar como a convidada
máis destacable das xornadas nas que tomaron parte os blogueiros e/ou
xornalistas Julio Alonso, Eduardo Arcos, MarilÃn Gonzalo, Antonio Delgado,
Nacho de la Fuente, Javier Pedreira Wicho
e Carmela RÃos, o consultor Mario Tascón, a novelista Raquel Martos, os
profesores ValentÃn Alejandro MartÃnez e Antón Losada, o creativo José Jiménez
Moltó, o fÃsico AgustÃn Fernández Mallo, o emprendedor tecnolóxico Ismael
El-Qudsi e o músico Julián Hernández.
O balance feito pola organización desta nova edición de #NeThinking é bastante
positivo, conseguÃndose presenza internacional, fundamentalmente dende América
latina, e conseguindo numerosos impactos a través de Twitter, considerando
que foi a edición do encontro con maior repercusión nas redes sociais,
destacando especialmente os paneis temáticos sobre os novos xeitos de utilizar
a linguaxe e adaptar o uso do idioma (#NETescribir) e sobre a necesidade de
guiar aos cativos no uso da Rede (#NETeducación).
Entre as conclusións ás que se chegaron en #NeThinking 2013 podemos destacar
algúns argumentos:
- No ámbito dos novos medios de comunicación na era dixital deuse a entender
que a crise estaba a acelerar a transición entre o xornalismo tradicional e o
dixital, o que non supón a fin do xornalismo, pero si supón abordar novos
retos.
- No eido da educación dixital desbotouse o concepto de nativos dixitais, destacando que é preciso formar aos cativos no
uso das TIC e das relacións sociais, sen chegar nin a satanizar a Internet nin
sobreprotexer aos menores. É preciso aproveitar a tecnoloxÃa como recurso
educativo, e xerar contidos adaptados.
- A comunicación na Rede non muda a esencia da linguaxe, pero si forza a cambios
no xeito de escribir en función do formato e do emisor, tendo tamén que terse
en conta certos códigos internos da linguaxe que xorden en certos contornos.
- A industria cultural na Rede tamén someteuse a debate, propoñéndose unha
chamada á autocrÃtica do sector, e instándose tanto á concienciación do público
como á reformulación dos contidos para manter o seu interese.
- Precisamente sobre contidos tamén houbo un panel no que insistiuse na
necesidade de servizos e produtos de calidade, pois non é sustentable o modelo
de captar atención en plataformas sociais sen nada que sosteña ese fluxo de
usuarios. Tamén considerouse que as redes sociais deixarán de ter entidade
propia nos medios para ter unha presenza transversal por toda a estrutura
empresarial.
- O último tema a discusión foi a información teledirixida, considerándose
inútil intentar afastar o debate dos temas que realmente interesan ao público,
pois aÃnda que os focos poidan apuntarse noutra dirección, o intercambio de
opinións na Rede é inevitable.